Creamos un forte exército de afables poetas,
que traían consigo férreos escudos de palabras
e cargaban armas con pétalos e bolboretas.
Todos nós, estabamos nunha xigantesca guerra,
unha guerra de valentes xograres e trobadores,
combatendo nun feudo prohibido,
esforzándonos por ser, os mellores líricos.
Eramos portadores de maxia,
condutores de pensamentos,
levantamos unha tropa,
con mil e un famentos.
Nas cinsas da nosa alma,
quedaban os nosos difuntos textos,
chorando e descompoñéndose
nesta noite de longo inverno.
As pingas de suor ateigaban o terreo,
porque no campo desta inmensa cruzada,
xa non quedaban gladiadores infames,
se non, escritores tolos.
Pero loitamos e loitamos,
Só polas nosas fermosas verbas.
Pois xa tiñamos quebrados os óso
E esnaquizado o corazón.
E foi así, como os cabaleiros morremos un a un,
no epílogo daquel ilustre relato.
Porque fumos incapaces de abandoar
Os principios que formaron parte de nós.
(Honrar á lingua galega, polo feito de facerme
merecedora do segundo premio do XVII Certame de Poesía Francisco Añón. Grazas)